pancarta_doa_sangue

Amigos da Terra xunto co Centro de Transfusión de Sangue de Galicia e Voz Natura vai a levar a cabo, por décimoterceiro ano consecutivo na cidade de Ourense, a campaña: “Axuda a vivir, doa sangue e planta unha árbore”, que na edición do pasado 2012, acadou unha participación de 176 persoas.

A iniciativa terá lugar entre os días 15 e 19 de xullo e tenta acadar un dobre obxectivo: mellorar a información dos cidadáns sobre as doazóns de sangue, un xesto solidario indispensable para o correcto desenvolvemento do labor asistencial dos hospitais galegos, sobre todo nestas datas, nas que fan máis falta as doazóns debido ao aumento do número de accidentes. Así como provocar unha especial sensibilidade social a prol da conservación do medio ambiente, xa que como todos e todas sabemos, os índices de incendios forestais aumentan dun modo alarmante nos meses de verán, provocando a desaparición dos bosques galegos e a perda de biodiversidade.

Por iso, a través desta campaña temos a posibilidade de facer unha dobre contribución: axudar ás persoas e axudar ao medio ambiente.

Durante os cinco días nos que se desenvolverá esta iniciativa, voluntarios/as de Amigos da Terra distribuirán información sobre a doazón de sangue e ofrecerase aos doadores e doadoras a posibilidade de plantar unha árbore por cada doazón que se rexistre.

adt_ctg_bus_arbol_copy

A unidade móbil estará presente nos seguintes lugares da cidade de Ourense:

Luns 15: Praza da Mariña: UNIDADE MOBIL NA AVDA DE SANTIAGO, Nº 30. Horario: de 15.30 ás 21h

Martes 16 e Mercores 17: Rúa do Paseo: UNIDADE MOBIL NA RUA do Paseo nº 37. Horario: 9.30 ás 14.30 e de 15.30 ás 21h

Xoves 18: Barrio de O Couto: UNIDADE MOBIL NA RUA VILA REAL, Nº 6 (AO CARON DO COLEXIO SANTO ANXO). Horario: 9.30 ás 14.30 e de 15.30 ás 21h

Venres 19: Barrio de O Posío: UNIDADE MOBIL NA RUA CORUÑA, Nº 10 . Horario: 9.30 ás 14.30 e de 15.30 ás 21h

Ti tamén podes colaborar a través de Amigos da Terra, achegándote á asociación para inscribirte como voluntario/a na campaña. O noso obxectivo será o de dar información a pé de rúa aos cidadáns sobre dita campaña.

Todas as persoas que desexen participar como voluntarias nesta campaña, poden poñerse en contacto con nós:

Amigos da Terra

voluntariado.galicia@amigasdaterra.net