DiaSenBolsas2013Mañá 3 de xullo, Amigos da Terra únese a outras organizacións internacionais como Gaia, Zero Waste ou a Fundación Catalá para a prevención de residuos e consumo responsable na celebración do Día Internacional sen bolsas , co lema, Bolsa Cero, Residuo Cero

O uso da bolsa é un hábito tan presente na vida diaria de cada persoa, que apenas se cuestiona o despilfarro que supón. Con todo, necesítanse 12 millóns de barris de petróleo para producir os 100 billóns de bolsas que se consumen anualmente en España, sen sumar os impactos ambientais asociados á súa fabricación e transporte.

Como en anos anteriores, Amigos da Terra solicita a redución das bolsas de plástico, cunha vida media de 15 minutos e unha reciclaxe de tan so o 10% delas. Estas bolsas, no mellor dos casos, terminarán en vertedoiros ou incineradoras, desperdiciando así valiosos recursos naturais, ou aínda peor, abandonadas na natureza, onde tardarán entre 100 e 500 anos en descompoñerse.

Amigos da Terra celebra os pasos que se deron nos últimos anos, xa que un gran número de establecementos deixou de distribuír de xeito gratuíto as bolsas de plástico, convencendo así á cidadanía para reducir o seu consumo, ainda así, como declara María Durán, responsable da Área de Residuos da ONG: “ non debemos aceptar as falsas solucións que empezan a aparecer como as bolsas biodegradables ou compostables, xa que o que se fai é desprazar o problema a outro recurso natural, pero mantendo o hábito de usar e tirar, a solución debe pasar pola cultura da redución e a reutilización”.

Con motivo deste día, realizaremos no entorno da Praza de Abastos de Ourense, unha acción reivindicativa á que animamos a todo o mundo a participar.

Premiaremos ás persoas que se comprometan a deixar de usar as bolsa de plástico, ás que xa usan carriño e bolsa de tea, as que se acheguen e participen nalgunhas das accións que teremos no punto informativo.

Tamén haberá sorteos de carriños da compra entre todas as persoas que decidan comprometerse e dicir Non ás bolsas de plástico.

Estaremos nas escaleiras da Praza de Abastos en horario de 11h a 14h. Achégate!