xira_guatemala_vigoTras visitar Austria, Bélxica e España, Paula del Cid Vargas (asociación feminista La Cuerda) e Natalia Atz Sunuc (asociación CEIBA-Amigos de la Tierra Guatemala) continuarán as próximas semanas a súa xira de denuncia, nesta ocasión con paradas en Noruega Suecia.

Dende Amigos da Terra seguiremos a súas actuacións e sumaremos forzas entre os colectivos sociais para visibilizar e poñer freo a situación de abuso que viven as comunidades guatemaltecas polas actuacións de empresas transnacionais, entre elas a galega Hidralia, en varios municipios do país.

En todos os casos, os abusos veñen dados pola oposición das comunidades locales a proxectos produtivos e extractivos (minería e produción de enerxía hidroeléctrica, principalmente), que no só privatizan e esgotan os recursos naturais, senon que empobrecen ás poboacións, baixo falsas premisas de desenvolvemento económico e xeración de emprego. As malas prácticas e violacións de dereitos son diversas e van dende os enganos e as amezas efectuadas polas propias compañías para forzar ás persoas a vender as súas propiedades e terreos; ata o uso da violencia para contrarrestar as manifestacións e mostras pública de protesta.

Ao longo da súa xira, Paula e Natalia reuníronse con movementos sociais, plataformas e grupos políticos en diversas reunións celebradas nas cidades de A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo. A nivel político, puideron trasladar a situación aos grupos parlamentarios de AGE, BNG e PsdG-PSOE. Por outra banda, no eido social, levaron a cabo encontross que congregaron á cidadanía en xeral e a organizacións e movementos sociais, entre eles Amigos da Terra, Marcha Mundial das Mulleres, Rede Feminista de Galega, A Coruña en Loita, Coordinación polos Dereitos dos Pobos Indíxenas (CODPI), Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) ou Sindicato Labrego Galego.

A achega mediática e social foi relevante e permitiu denunciar as actuacións impunes que as empresas multinacionais levan a cabo máis aló das fronteiras do seu país de orixe.