Nun contexto no que tanto os dereitos sociais coma ambientais se están a pisar sen ter en conta a cidadanía, Amigos da Terra considera indispensable unirse ao clamor e descontento social, como en ocasións anteriores.
Estamos a ser testemuñas directas dunhas políticas que avanzan cara a unha sociedade onde os beneficios duns poucos prevalecen sobre o sentido común. Onde as mentiras e a falta de información representan a democracia que temos, unha democracia que non merece ser chamada democracia.
Os sectores fundamentais para garantir a riqueza real do noso país, sanidade, educación, servizos sociais ou o medio, están a sufrir un retroceso sen precedentes para atesourar unha e outra vez as arcas de empresarios e políticos, que como ben sabemos, son os mesmos.
Somos un movemento social e como tal non podemos quedar impasibles mentres vivimos un regreso ao pasado cunhas políticas desvastadoras que, por se fose pouco, seguen vendéndose como a panacea para saír da crise. Sabemos que as respostas viables son ben diferentes, que pasan por abolir os paraísos fiscais, por recadar impostos entre as persoas e empresas que máis beneficios obteñen, e por impulsar medidas que xeren emprego e á súa vez nos axuden a preservar o noso ámbito e os recursos naturais da Terra.
Unha e outra vez falan da creación de postos de traballo, de rematar co paro, e non obstante non estamos a ver ningún camiño aberto nesa dirección. O medio, o respecto por este, é unha oportunidade para a xeración de postos de traballo e unha grande oportunidade para conservar os nosos recursos e empregalos de forma eficaz.
Por todos estes motivos, dende Amigos da Terra apoiamos as mareas cidadás e todas as iniciativas da sociedade civil que busquen de forma participativa e respectuosa coa persoas e o medio avanzar cara a unha sociedade onde a propia cidadanía sexa a protagonista do seu presente e futuro.
Animamos a todos os colectivos e persoas a sumarse ás mareas este sábado, 23 F, en máis de 50 cidades.
Aquí deixámosvos un enlace con máis información: www.mareaciudadana.blogspot.com.es/