Captura-de-pantallaEsta semana estaremos no Edificio politécnico da Universidade Vigo en Ourense, recollendo sinaturas para a aprobación dunha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) para a aplicación efectiva dos principios de redución, reutilización e reciclaxe de residuos en Galiza.

Para dar a coñecer o texto e impulsar a recollida de sinaturas estaremos o mércores día 16, Xoves 17 e venres 18. Pasate a asinar!

Ademais de convidarte a que asines, tamén nos gustaría contar coa túa axuda para difundir esta iniciativa, e contribuír na  recollida, como xa están facendo moitas persoas en toda Galicia; persoas que rexeitan a incineración, e coma nos, pensan que un modelo alternativo para a xestión dos residuos baseado na redución e a compostaxe, é posible.

Anímate a participar e ponte en contacto con nos no 988 374 318, ou a través do correos: residuos@amigasdaterra.net