Amigos da Terra propón aos cidadáns/as que sexamos un pouco máis conscientes nas festas do Nadal. Como consumidores/as, debemos botar unha man ao planeta, e levar a cabo, pequenas medidas que o transformarán nun Nadal máis responsable.
Este nadal aposta polo ecoloxismo e a orixinalidade e pide que o teu agasallo sexa esta tarxeta.
O Nadal é unha época de excesos na que os e as cidadás, lanzámonos as rúas a mercar desmesuradamente e dun xeito insostible tanto ambiental, como socialmente. Cada un de nós, no Nadal, consumimos e contaminamos máis do dobre que o resto do ano.
Se o noso modelo de consumo, o dos países do Norte, se extendera ao resto do mundo, serían precisos 3 planetas, coas súas materias primas e as súas fontes enerxéticas, para abastecernos.
E como planetas, só temos un, dende Amigos da Terra, propomos que tomemos medidas e apostemos por alternativas orixinais e baseadas máis nas relacións humanas que nos obxectos de consumo.
A nosa proposta é a de utilizar un “Certificado de exención de agasallo”.
Consiste nunha tarxeta que cada un de nos pode asinar, e na que se compromete a non recibir un agasallo material este Nadal. A cambio, enviará esta tarxeta a amigos, familiares ou coñecidos, co obxectivo de que estes, cambien o seu clásico agasallo material por algúns dos orixinais que propomos na tarxeta: un paseo nunha paraxe natural, unha boa cea, unha entrada para un espectáculo ou calquera outra suxestión que se nos ocorra.
E se aínda así, decidimos que queremos facer un agasallo, non esquezamos unhas pequenas pautas que debemos de ter en conta.