
A pasada fin de semana levamos a cabo en As Corcerizas un curso de elaboración de queixos e conservas impartido por Rocío Loureiro. O sábado aprendimos a tratar o leite para obter iogures, queixos frescos, semicurados, ou quark, que degustamos ao día seguinte. O domingo practicamos con productos da horta distintas técnicas de conservación que nos permitirán disfrutar durante todo o ano dos produtos de tempada.
Todo elo cunha metodoloxía práctica e dinámica e nun ambiente distendido que favoreceu unha aprendizaxe divertida e unha convivencia moi agradable.
O curso tivo gran acollida, e moitas persoas interesadas non puideron asistir por mor do límite de prazas. Para todas elas e para aquelas outras que non souberon do curso, agardamos poder reeditalo no futuro.
Achegámosvos algunhas fotos para que vexades o resultado do noso traballo e vos animedes a entrar no mundo da agroecoloxía.