sinatura_convenio_fondoAmigos da Terra asinou esta mañá en Santiago un convenio de colaboración co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. A entidade municipalista cofinanciará un proxecto no Golfo de Fonseca nicaragüense, rexión na que Amigos da Terra leva anos traballando.

O obxectivo do proxecto será mellorar a xestión ambiental de dúas Áreas Protexidas do Golfo, mediante a participación dos actores locais máis relevantes, tanto os poderes públicos e municipalidades, como a sociedade civil en xeral; a través de actividades de educación ambiental e fortalecemento institucional.

O proxecto dará comezo en xaneiro de 2013 e desenvolverase ao longo de dez meses, nos que daremos a coñecer progresivamente os avances e resultados máis significativos.