
Hoxe, no Día Mundial da Alimentación, mentres se celebra o Cume Mundial da Seguridade Alimentaria en Roma para debater sobre a crise alimentaria, Amigos de la Tierra Internacional publica un novo informe. No documento sinálase que Estados Unidos e Reino Unido, entre outros países, están financiado a agricultura transxénica en detrimento de métodos máis adecuados para afrontar a fame
Dende o ano 2008, coa escalada do prezo dos alimentos, varios gobernos comezaron a defender a “intensificación sostible” da agricultura como un novo método para aumentar a produción sen dano algún para o medio ambiente.
Este podería ser un escenario esperanzador. Con todo, o novo informe de Amigos de la Tierra investiga que significa exactamente este enfoque e demostra que, a pesares do apoio público a métodos ecolóxicos por parte dalgúns gobernos, o financiamento segue sendo maior para agricultura transxénica e outros agronegocios que só favorecen intereses corporativos.
Reino Unido, Estados Unidos e a Fundación Gates empregaron centos de millóns de euros en solucións tecnolóxicas para liquidar o problema da fame, entre as que se atopan os cultivos transxénicos. O maior proxecto de investigación do Departamento de Desenvolvemento Internacional de Reino Unido fixo a concesión de 70 millóns de libras para investigar en tecnoloxía trasnxénica. Pola súa banda, entre 2005 e 2011, a Fundación Gates gastou 162 millóns de dólares tamén en proxectos de biotecnoloxía, e a Axencia de Desenvolvemento Internacional estadounidense estivo seguindo unha estratexia centrada no mesmo tipo de tecnoloxía.
Mentres, cos cultivos transxénicos non se está abordando a crise alimentaria. Ata o momento non hai evidencias de que estes cultivos sexan máis produtivos e teñan un rendemento maior. Non hai cultivos resistentes ao cambio climático nin á seca. Pero si se demostrou que os transxénicos aumentaron drasticamente o prezo das sementes e incrementaron a aplicación de agrotóxicos.
Kirtana Chandrasekaran, responsable da campaña Soberanía Alimentaria de Amigos de la Tierra Internacional, declarou que “estudos da ONU situaron as técnicas utilizadas pola agricultura ecolóxica como solucións viables para saír da crise alimentaria. Con todo, si profundamos un pouco máis, algúns gobernos e financiadores apoian os cultivos transxénicos, favorecendo intereses empresariais, en lugar de favorecer o interese xeral a través da agricultura local. Este comportamento pon en dúbida a credibilidade dalgúns gobernos para acabar coa fame, como os de Estados Unidos e Reino Unido, e de financiadores, como a Fundación Gates.
Amigos de la Tierra insta aos líderes mundiais a apostar pola agroecoloxía para poñer fin ao fame e desechar os agrocombustibles, que incrementan o prezo dos alimentos utilizando terras de cultivo para conseguir combustible no medio dunha crise alimentaria.
As solucións xa están en marcha. Agricultores e agricultoras de todo o mundo están liderando procesos para fomentar unha agricultura que alimente á maioría da poboación e prover unha folla de ruta que nos permita acabar co fame. Varios informes de Nacións Unidas coinciden na necesidade de incrementar os fondos para fomentar unha agricultura local e ecolóxica, o estudo da agroecoloxía e fortalecer os mercados locais.
Se queres leer máis sobre o tema, achegámoste o informe en inglés.