
A entidade ecoloxista galega requírelle ao concello de Vigo que aplique ás empresas do polígono de O Gorxal de Vigo o principio de Quen contamina, paga regulado na lei de responsabilidade medioambiental
Os danos medioambientais producidos como consecuencia dos vertidos que o incendio no polígono de O Gorxal provocou e que acabaron con numerosa fauna piscícola do río Lagares e da praia de Samil causando importantes afeccións aos ecosistemas fluviais e marítimos, teríase evitado se as empresas emprazadas no polígono vigués cumpriran coas normas que regulan este tipo de instalacións.
Fonte foto: La Voz de Galicia
Á falta de licenza de actividade dunhas, agrávase coa tenencia de licenza doutras para actividades que non son as que alí se levaban a cabo. Así, a licenza da empresa en cuio orixe está o incendio e que provocou esta catástrofe ambiental en Vigo, presuntamente foi outorgada para o almacenamento de deterxentes e xabón. Nembargante, a información que consta na páxina web da sociedade limitada que se está a investigar recolle como principal actividade da mesma a “Elaboración de 10.000 litros diarios entre quita grasas e vitrocerámicas […]”.
Neste caso, de comprobarse que dita empresa estaba levando a cabo unha actividade industrial baseada na fabricación de produtos deterxentes, lixivías e xabóns, ademais dunha licenza municipal, faríanlle falta outro tipo de autorizacións preceptivas como a autorización ambiental integrada a cal vai contér información que asegure que a actividade executada na nave produce uns valores de emisión ou de contaminación compatibles co respecto ao medio ambiente e á saúde das persoas.
Polo tanto, o polígono de O Gorxal estaba integrado por naves que lonxe de cumprir coa legalidade, incorrían en varias irregularidades e, como consecuencia das mesmas, prodúcese un vertido que causa unha agresión ambiental tan importante ao ecosistema.
É paradóxico que días despois das declaracións do conselleiro de medio ambiente que recollían que “ningún vertido quedará impune”,sexan as administracións galegas as que poñan todos os medios a disposición das industrias causantes da contaminación e que a impunidade por contaminación grave debido a ausencia de adopción das medidas preventivas ou de evitación apropiadas, recollidas na lei de responsabilidade ambiental e cuia sanción podería acarrear multas de ata 2.000.000 de euros, sexa asumida polas administracións de todos os cidadáns galegos.
Amigos da Terra non descarta manter reunións cos técnicos do concello vigués, encargados da inspección e reparación dos ecosistemas danados, asi como unha reunión coa Federación de veciños de Vigo na búsqueda de accións comúns que clarifiquen aspectos importantes por determinar e para que se apliquen os contidos legais aos operadores causantes do destrozo ambiental.
Amigos da Terra considerainaceptable que existindo a lexislación actual, a administración continue sendo endeble coas empresas contaminantes e non vele polo interexe xeral.