Captura-de-pantalla

En relación ao recente anuncio oficial por parte da Xunta de Galicia no que se renuncia oficial e definitivamente á construción dunha nova incineradora para Galicia, os colectivos ecoloxistas e Plataformas Cidadás declaradas en contra da incineración, queremos manifestar o seguinte:

 

1º – A nosa satisfacción absoluta por tal feito; é un feito no que temos tido unha influencia probablemente decisiva e que reafirma que a vontade das persoas manifestada por medio de asociacións é “capital”.

2º – Que a Xunta desista da construción da SOGAMA do Sur· mesmo incumprindo o seu propio plan de xestión de residuos e anuncie a ampliación das instalacións xa existentes en CERCEDA confirma a idea de que dende o Partido Popular se insiste neste modelo fracasado de xestión de residuos existente, e polo tanto o noso traballo só cumpriu ata agora o 50% dos nosos obxectivos.

3º – Dende a Comisión Promotora da ILP proseguiremos caampaña de información á cidadanía e Recollida de sinaturas ata lograr o máximo de apoios posibles alén do número necesario de 15000 imprescindibles que se precisa. A próxima acción terá lugar hoxe xoves ás 18h en todas as principais cidades galegas.

4º – Na campaña de recompilación de información das propostas das principais forzas políticas que se presentan ás eleccións do 21-O a situación é a seguinte:

Tanto PSdeG – PSOE como BNG téñense manifestado explicitamente sobre este tema en apoio do espírito que defende a ILP para a aplicación efectiva dos tres “Rs”, o BNG mediante a inclusión ao respecto dun apartado no seu programa electoral e o PSdeG – PSOE co compromiso asinado publicamente polo candidato “Pachi” Vázquez o día 22 en o Irixo nun acto público.

·Por outra banda, estamos á espera de que o PP manifeste que é o que propón sobre a Xestión dos Residuos en Galicia: se aposta por un camiño igual ou semellante ao reflectido pola ILP ou insiste en manter un modelo esgotado, no que prime o interese económico por enriba da saude das persoas e o medio ambiente, tal e como reflicte no modelo actual.

 

O Xoves, día 27 de Setembro de 2012 terá lugar a segunda recollida de sinaturas na rúa, por parte de diversos colectivos e integrantes da Comisión Promotora da ILP contra a incineración. A continuación detállanse lugares e horas.

A CORUÑA 18:00 – 20:00  CANGAS 18:00-  20:00  CARBALLIÑO – Praza Maior 16:00- 18:00  COMPOSTELA – Praza do Toural 18:30 – 20:30  LALÍN – Rúa Rosalía de Castro 19:30 – 21:30  LUGO – Praza Maior 11:00 – 13:30  OURENSE – Rúa do Paseo 18:00 – 20:00  PONTEVEDRA – Peregrina 18:00 – 20:00  REDONDELA – 18:00 – 20:00  SILLEDA – 18:00 – 20:00