ourense_termal_augas_minno_120925_8Como un conto vello e repetido seguemos ca mesma historia de cando teñen lugar unhas cantas choivas, os ríos Miño e Barbaña, ao seu paso pola cidade de Ourense, volven a tinguirse de cor gris cos vertidos continuados de augas residuais aos leitos das súas augas, servindo de escura promoción turística do “Ourense ter mal as augas”.


En Ourense temos unha estación de bombeo de O Couto inaugurada en setembro do ano 2011, con máis de 7 millóns de euros invertidos e que non solucionan os vertidos. Xa levamos case un ano recen cumprido e terá que ser nomeada como a estación de bombeo de “O Conto”.

ourense_termal_augas_minno_120925_182


Contos que queren facer crer que funciona e está en bo funcionamento, a pesares das novas e manifestacións realizadas a principios deste mes pola propia administración da Confederación Hidrográfica Miño-Sil e o Concello de Ourense, que distan de ser cribles e que son un bo reflexo da turbia realidade, segundo amosan os acontecementos que están tendo lugar estes días pasados.

ourense_termal_augas_minno_120925_2

Amigos da Terra xa denunciará os vertidos de augas residuais aos ríos Miño e Barbaña, na cidade de Ourense ao carón da Ponte do Milenium, que se estiveron a producir na tarde e noite do pasado domingo día 23 de setembro e os cales volvían a producirse reiteradamente durante toda tarde deste martes día 25.

ourense_termal_augas_minno_120925_11

Estes verquidos repetidos véñense producindo de xeito continuado ao longo de todo o ano, sendo agora aínda mais grave a situación ante un sistema de saneamento e unha estación de bombeo que deberían funcionar correctamente pero que seguen desbordadas e sen capacidade real para solucionar o problema da contaminación dos vertidos das augas aos ríos Miño e Barbaña.

Unha vez máis dende Amigos da Terra denunciamos ante a Policía Autonómica e tamén ante a Confederación Hidrográfica Miño-Sil estes vertidos, para que foran inspeccionados por parte da administración, así coma a imposición das sancións que corresponda e demandamos que as consecuencias xurídicas de tales vertidos non traspasan a imposición dunha mera sanción económica que, en moitos casos, non posúe o carácter exemplarizante que é de esperar deste tipo de penas por feitos que ben deberan cualificarse como delitos ecolóxicos cuxa penalización é maior establecéndose inclusive penas de prisión.

ourense_termal_augas_minno_120925_13

Por ultimo, só queda agardar polas vindeiras choivas do outono para volver a contar outra vez a mesma historia cunhas administracións inoperativas que non cumpren coas súas responsabilidades e nin sequera fan cumprir as súas propias leis.

Máis fotos dos vertidos pódense ver aqui