Amigos da Terra inaugura o seu novo local en Vigo, un espazo que compartirá coas ONGDs Educación Sen Fronteiras e Entreculturas. As tres organizacións xuntan esforzos e comparten ilusións para dar comezo a unha nova etapa de aprendizaxe conxunta e traballo en equipo.
A inauguración terá lugar o vindeiro venres 21 de setembro a partir das 19:00 horas no novo local, situado na Rúa Velázquez Moreno, nº9, 2º
Achégate para coñecer o noso novo lugar de traballo, charlar e compartir un viño.
Pregamos confirmación de asistencia:
email: cooperacion@amigasdaterra.net
teléfono: 986 229 089