Captura-de-pantallaEsta tarde, terá lugar nas rúas das principais cidades galegas e en outros pequenos municipios das catro provincias, unha recollida simultánea de Sinaturas pola Iniciativa Lexislativa popular contra a incineración. Logo de recontadas as sinaturas recollidas nestas accións simultáneas farase unha primeira valoración do progreso da campaña ata o momento.

 

Para que a ILP sexa debatida no Parlamento, son precisas 15.000 sinaturas que deberán ser recollidas en 4 meses

Todos os grupos que conformamos a comisión promotora desta ILP sairemos ás rúas. Estes son os lugares onde podes achegarte a asinar hoxe:

  • IRIXO – Praza do Concello de 18:00 a 20:00
  • CARBALLIÑO – Praza Maior de 12:00 a 14:00
  • COMPOSTELA – Praza do Toural de 18:30 a 20:30
  • LALÍN – Praza da Igrexa de 18:30 a 20:30
  • LUGO – Praza Maior de 11:00 a 13:30
  • OURENSE – Rúa do Paseo (antigua Ibense) de18:00 a 20:00
  • PONTEVEDRA – Peregrina de 18:00 a 20:00
  • VIGO – Rúa do Príncipe (Museo do Marco) de 18:00 a 20:00

 

E se non podes pasar hoxe por ningún destes puntos, podes facelo calqueira día nos puntos de recollida que temos en marcha por toda Galicia. Podes consultalo aquí.