Amigos da Terra estará presente os vindeiros 22 e 23 de agosto no Museo Nacional da Enerxía en Ponferrada, dentro da programación cultural de verán con actividades para todos os públicos.
A maior parte das iniciativas programadas organizadas polo Museo Nacional da Enerxía xiran en torno á celebración do Ano Internacional da Enerxía Sostible para todos.
Dende a Amigos da Terra participaremos aportando unha visión global, práctica e ecoloxista dos temas centrais do evento, presentando o mércores día 22 unha comunicación do proxecto do Centro de Educación Ambiental As Corcerizas e tamén realizaremos obradoiros de reciclaxe e de redución do uso de recursos naturais, coa xente que se achegue o xoves 23 pola mañá ata o Museo.
Localización : Museo Nacional da Enerxía Avda. Libertad, 46 – Ponferrada

Si queredes ver algunhas fotos da presentación e dos obradoiros e, por suposto, do entorno do Museo e da viaxe: http://bit.ly/PmaIcX