Amigos da Terra rexeita rotundamente todas aquelas “tradicións” que se basean en crueis espectáculos que levan implícito o maltrato animal. Para a asociación ecoloxista ningunha presunta tradición nin cultura (sexa galega ou española) é compatible nin pode xustificar a tortura. Polo demáis no caso do Concello de Muiños prodúcese o agravante de ilegalidade reiterada pois dita actividade xa foi sendo sancionada dende fai anos como infracción moi grave con base na Lei 1/93 de protección animal.
Amigos da Terra non alcanza a comprender como un Concello incluído na Carta Europea de Turismo Sostible do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, non contempla no seu programa de festas de verán alternativas educativas e sostibles, promovendo o patrimonio cultural e natural da zona.
O rexedor de Muiños ignora tamén que as denuncias e protestas dos colectivos ecoloxistas e animalistas contra ás touradas se producen constantemente, xustamente nestas datas, tanto en grandes cidades coma A Coruña, Pontevedra… coma en pequenas vilas como en Allariz, Sarria… A tortura non e máis ou menos admisible en función da demografía.
Amigos da Terra invita a todolos concellos que organizan actividades con animais a que exploren outro tipo de festexos que sen dúbida darían realce ás súas festas e unha gran proxección turística, como por exemplo a “chega de alcaldes” na que edís de vilas próximas disputasen as súas diferenzas a cabezadas, ou ben “a solta de concelleiros” na que a corporación municipal podería correr polas rúas da vila perseguidos polo pobo que lles encirraría con xornais enrolados ata conducilos ao edificio consistorial.
“Proxecto de Punto Limpo no lugar do Caneiro, en Lagostelle, Guitiriz”
El Ayuntamiento de GUITIRIZ pretende usar unos terrenos comunales, cercanos a casas habitadas, situados entre aldeas con ganadería, y en un espacio natural y forestal que forma parte de A Serra do Cordal de Montouto-Serra da Loba (Rede Natura 2000 y Reserva da Biosfera).
ACCIÓN:
Envíalle un correo electrónico ao Alcalde do Concello de Guitiriz
solicitándolle que non leve adiante o “Proxecto de Punto Limpo no lugar do Caneiro, Senande-Cezar (Lagostelle)”.
Alcalde
info@concellodeguitiriz.com