Amigos da Terra, logo de obter información da tala a través dun veciño da vila, púsoxe en contacto coa Concellalía de medio ambiente alaricana para coñecer os motivos que levaron á toma desta decisión que supuxo a tala de 14 árbores que levaban 20 anos situadas no mesmo punto.

As razóns argumentadas polo concello, baséanse nunha asignación económica elevada para proceder ao transplante das árbores que estaban a causar presuntos prexuízos ás tubeiras e ao propio pavimento debido ao forte enraizamento que presentaban. Polo tanto a decisión de non transplantar responde a un alto custo económico para dito traballo.

Fonte: denunciante. 4 setembro de 2008

O cambio da rede de sumidoiros da vila, que pretende instalar unha nova rede de saneamento coa separación de augas pluviais e residuais e, por outro lado, a rede de auga potable, baixo a temporalización asignada pola Consellería de Política Territorial e O.P. e Vivenda (COTOP) que impuxo o mandato ao concello de ter a obra finalizada antes do fin deste ano, levaron ao concello a autorizar a destrución de 14 álamos da céntrica rúa de Allariz.

Fonte: denunciante. 4 setembro de 2008

Fonte: denunciante. 4 setembro de 2008

 

Fonte: denunciante. 4 setembro de 2008

As talas de árbores urbanas debe ser unha decisión moi estudada xa que, dita vexetación, produce amplos beneficios para o medio ambiente. Estas modifican o clima ao mellorar a calidade do ar por mitigar os efectos do sol, o vento e a chuvia. A calidade do ar mellora notablemente dado que filtran o ar que se respira absorbendo o po e outras partículas. As follas captan os contaminantes como o monóxido de carbono e dióxido de sulfuro, liberando osíxeno. Establecen unha harmonía no ambiente urbano altamente beneficioso para todos os habitantes.