Amigos da Terra convídate a participar nunha nova actividade no marco da campaña Alimentos Quilométricos; nesta ocasión contaremos coa colaboración de César Lema, autor do libro Panadería Ecolóxica. Pan na casa, que nos ensinará, de xeito práctico, como facer o noso propio pan na casa.
Si o tempo acompaña, e Lorenzo nos ilumina coa súa presenza, coceremos os pans que fagamos nun forno solar que colocaremos na terraza do local, que xa de paso aproveitaremos para despedir.
DATA: Venres día 22 de xullo
HORA: a partir das 17:00 horas
LUGAR: Local de Amigos da Terra en Vigo, rúa Policarpo Sanz, 17, 1ºD
Si queredes facer o voso propio pan teredes que traer: medio quilo de fariña integral bio, un bol, que non sexa de plástico, de 2 litros ou máis de capacidade e un par de panos para tapar a masa mentres leveda.
O obradoiro ten prezo libre pero as plazas son limitadas, polo que é preciso inscribirse previamente a través de voluntariado.galicia@amigasdaterra.net ou ben no teléfono 986 125 171
Para máis información: contactando con Raquel Fernández no 988 374 318 ou a través do correo voluntariado.galicia@amigasdaterra.net
Coa colaboración de: 