
Onte, día 4 de xuño, as asociacións cidadás, colectivos ecoloxistas e organizacións sectoriais opostas á incineración de residuos, fixemos entrega no Parlamento da documentación precisa para levar adiante unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) “para a aplicación efectiva dos principios de Redución, Reutilización e Reciclaxe de residuos en Galicia “.
Trátase de clarificar e darlle forza xurídica á xerarquía dos “3R” consagrada pola normativa actual, para que sexa realmente de obrigado cumprimento. É nesa liña que esta ILP establece unha serie de medidas para a aplicación efectiva destes principios, excluindo a incineración como opción principal para o tratamento dos residuos en Galiza.