Amigos da Terra preséntavos un anuncio realizado por un grupo de alumnos/as da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo con motivo do proxecto Alimentos Kilométricos.

 

En coherencia cos obxectivos da campaña, o spot pretende chamar a atención sobre os efectos nocivos que ten a importación de alimentos sobre o cambio climático e promover o consumo de produtos locais e de tempada.

Este spot, ademais, presentarase proximamente ao certame internacional de publicidade social Publifestival de Málaga. Desexamos moita sorte aos/ás creadores/as e agradecemos a súa colaboración e traballo.