120430_barbannica

Amigos da Terra, presentou hoxe dúas denuncias ante a Confederación Hidrográfica Miño-Sil e ante a Policía Autonómica polos verquidos producidos este pasado domingo no río Barbañica (río dos Muiños), orixinados presuntamente polas obras de construción da autovía Ourense-Celanova.

Este verquidos foron ocasionados pola falta de medidas correctoras, xa que os días de chuvia prodúcense arrastres de materiais à canle do mencionado ríos procedentes dos desterros e escavacións, xa que as obras non dispoñen das preceptivas balsas de decantación, nin se toman as medidas de precaución axeitadas para este tipo de obras públicas e que impidan a contaminación das augas dos cursos fluviais.

Producíronse verquidos de lodos, minerais, terra vexetal e materia orgánica que afectaban tanto á calidade das augas, como á fauna piscícola e á colmatación do canle coa destrución paulatina dos ecosistemas fluviais que acollen estes ríos.

Os verquidos eran visibles a simple vista dende A Valenzá no Concello de Barbadas, e augas abaixo ata a embocadura no Barbaña no lugar coñecido como Pozo do Inferno (Ponte de Marcelo Macías da Cidade de Ourense).

120430_barbanica02

Todos estes verquidos tamén afectaban ao río Barbaña dende o tramo que discorre dende a Ponte de Marcelo Macias, así como na embocadura do río Barbaña co río Miño, e eran apreciable nos canles do ríos Barbañica e Barbaña durante toda a tarde de dito día ao seu paso pola cidade de Ourense.

Ase mesmo, tamén temos que lembrar que no pasado mes de maio de 2011, producíanse a mesma situación no rio Barbañica e pola cal a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, xa abrira un expediente sancionador á construtora da vía rápida Ourense-Celanova por ditos verquidos non autorizados.

Dende Amigos da Terra demandamos das administracións, que impoñan as correspondentes sancións pola falta de dilixencia dos infractores à quenes lle corresponde executar as medidas necesarias que eviten a deterioración do medio ambiente e se obrigue a repor o medio ambiente ao seu estado orixinario.