
Por IV ano consecutivo Amigos da Terra gracias á colaboración da Delegación Provincial da Consellería de Cultura, dará comezo as actividades de Educación Ambiental para nenos e nenas do Concello de Ourense, sendo a Sensibilización un principio básico desta organización para lograr un cambio na cidadanía, convídamos a todas as nenas e nenos de 8 a 12 anos a participar na IV Edición das actividade de educación ambiental que se levaran a cabo a partir deste sábado 06 de setembro en horarios de 11:00 ata 13:00.
En ditas actividades os nenos e nenas poderán aprender a protexer o medio ambiente a través de diferentes obradoiros, xogos e dinámicas, a idea é que de xeito lúdico os rapaces e rapazas se sensibilicen e adquiran coñecementos sobre os problemas ambientais de forma básica e ao mesmo tempo divertida.
Para os Obradoiros utilízanse principalmente materiais de refugallo para transmitirlles a importancia da redución do lixo e que vexan todos e todas os xogos que se poden elaborar sen mercar apenas nada.
Deste xeito Amigos da Terra anima aos pais e nais a inscribir os nenos e nenas nestes obradoiros que se desenvolverán todos os sábados na Biblioteca Pública de Ourense, Rúa Consello Nº 13.
Para inscribirte podes chamar ao 988 374 318 ou pasarte pola oficina na Rúa Concordia nº 20 – 2 esquerda.