
Amigos da Terra ven de reeditar o seu manual de recomendación ecolóxicas de urxencia para a rexeneración de montes incendiados.
Pensando no día despois da catástrofe ambiental aínda activa xenerada especialmente no Parque Natural das Fragas do Eume, dende Amigos da Terra reeditamos o manual de recomendacións urxentes para rexenerar os montes queimados que, no ano 2006 elaboramos conxuntamente co Colexio Oficial de Biólogos de Galicia.
Nesta guía se ofrecen consellos prácticos para minimizar os efectos posteriores aos incendios, moitas veces tanto o máis graves que o propio lume. Novamente Amigos da Terra fai un chamamento a que o conxunto da cidadanía asuma tamén o seu dereito e deber de implicarse activamente na rexeneración dos montes queimados. Que chegue a implicación das persoas a donde non chega a previsión das administracións.
Podes descargar o documento aqui:
Manual de Rexeneración de Montes Incendiados