Unha vez máis o Río Miño está a sufrir verquidos continuados e reiterados de augas residuais nas súas augas e que están a afectar gravemente ao entorno ecolóxico e fluvial da zona.

Este verquido ten lugar, na cidade de Ourense na zona do paseo das Ninfas, no Barrio de Vista Fermosa, na marxe esquerda do río Miño e enfronte de A Chavasqueira.

Segundo queixas dos veciños leva máis dun ano vertendo augas residuais e cun cheiro bastante desagradable e un color escuro das augas, que son bastante apreciables por tódalas persoas que van camiñado ou correndo polo Paseo das Ninfas.

120321_vistahermosa-1

O verquido foi denunciada ante a Policía Autonómica e tamén ante a Confederación Hidrográfica Miño-Sil para que fora inspeccionado por parte da administración, e solicitando información sobre as medidas que se están a adoptar para pór fin a unha grave situación ambiental á que está sendo sometido o río Miño e a imposición das sancións que corresponda.

120321_vistahermosaAmigos da Terra espera que de cara ao futuro unha eficaz xestión das augas e que as administracións públicas exerzan as súas obrigas do cumprimento da lexislación.

Podedes ver un video da nova na web da rtvg

Por ultimo, desde Amigos da Terra vimos de solicitar a colaboración cidadana para intervir nos procesos de denuncia ante a administración e así poder actuar coa celeridade e perseverancia que corresponden.

Ante calquera situación de verquidos de augas residuais e contaminación dos ríos e cursos fluviais, podese denunciar chamando aos seguintes números:

120321_vistahermosa-4