17_18_marzo_vertidos_minno1

Pouco temos que celebrar no Día Mundial da Agua, que se celebra mañá día 22 de Marzo, na que os nosos ríos ao seu paso pola cidade de Ourense estanse vendo atacados frecuentemente por vertidos incontrolados procedentes da incorrecta xestión dos sistemas de saneamento e depuración das augas, que conlevan á causación continua de danos ambientais a un recurso vital e limitado como é a auga.

Nos últimos meses véñense producindo continuos verquidos no río Miño: verquidos na zona das Pozas de Maión, verquidos no Barrio de Vistahermosa ao carón do paseo da Ninfas, verquidos da depuradora de Reza e os verquidos na Ponte do Milenium do pasado fin de semana que chegaban ata enfronte da zona da Chavasqueria.

Con este espectáculo de malas augas, estase promocionando a imaxe turística da cidade Ourense Termal, cun novo lema que reflexa mellor a realidade: ” Ourense Ten mal as augas”.

17_18_marzo_vertidos_minno3

Dispoñendo dunha estación de bombeo de augas inaugurada fai seis meses e que non está posta en funcionamento; unha depuradora de augas que non ten capacidade para tratar as aguas de saneamento; o río Miño sometido a seca e as variacións de caudais segundo os intereses das centrais hidroeléctricas; e o río Barbaña contaminado por sucesivos verquidos industriais, chegamos xa a unha situación extremadamente residual.

17_18_marzo_vertidos_minno2

Amigos da Terra espera de cara ao futuro unha eficaz xestión das augas e que as administracións públicas exerzan as súas obrigas do cumprimento da lexislación.

Fotos dos verquidos do día 17

Fotos dos verquidos do día 18