
Como solución para reducir o número de bolsas de plástico que levan anos contaminando os nosos ríos, bosques, mares e selvas, o Goberno Estatal sacou unha lei (Lei 22/2011) que propón a substitución destas bolsas non biodegradables por bolsas fabricadas a partir de produtos alimenticios.
¡Que gran idea!
Ou sexa, que agora nos imos a dedicar a cultivar para bolsas no lugar de alimentar ás persoas?
¡Que non nos tomen o pelo!
Asina agora e pide con Amigos da Terra unha xestión intelixente dos residuos.
En Amigos da Terra cremos que xa é hora de deixar de xerar residuos que a Terra non pode soportar e de consumir máis recursos dos que deberiamos.
Para iso, queremos:
Concienciar á poboación do importante que é realizar un consumo responsable
Esixir aos gobernos que xestionen os residuos adecuadamente
Apoiar alternativas sostibles que fagan posible o cambio…
Pero non podemos facelo sen o teu apoio…Úneste? Co teu pequeno donativo, resistimos!