retorna

No día de hoxe, mércores 14 de decembro, ás 12.30 na Praza do Obradoiro presentase á prensa e ás persoas interesadas, como en poucos días pode mudar o concepto de envase/residuo.

O pequeno incentivo de 5 céntimos por envase e a demostración de como funciona un sistema máis xusto, económico e ecoeficiente está conseguindo unha participación en aumento. Unha cámara interna mostra a eficacia da separación e compactación dos envases.

A máquina, que separa e compacta o envase a vista da participante mediante unhas cámaras internas, e a gaiola externa que vai enchéndose coas balas limpas de materia prima secundaria para reciclaxe, mostra a poboación os beneficios económicos e ambientais do SDDR (Sistema de Depósito, Devolución e Retorno).

Este sistema non se basea unicamente na separación automática xa que os comercios poderían funcionar con devolución manual, o cal o fai sustentábel para todo o tecido comercial que podería beneficiarse do retorno de “proximidade” dos envases.

A iniciativa de RETORNA, asociación composta por axentes sociais, empresas,ONG ambientais entre as que estan Verdegaia e Amigos da Terra e institucións, pretende acercar a varias cidades do estado este sistema de recuperación, o SDDR (Sistema de Depósito, Devolución e Retorno), que incrementaría en cerca dun 40% os residuos de envases de bebidas actualmente reciclados, aumentando en medio millón de toneladas anuais os envases recollidos selectivamente.

Práctica que se leva a cabo por un crecente número de estados, países e rexións que ano tras ano engrosan a lista de sistemas de depósito existentes. Ningún país que implantara o SDDR retirouno, senón que se amplían os sistemas para cubrir novos produtos.

Para máis información:

http://www.retorna.org

http://www.facebook.com/retorna

http://www.twitter.com/_retorna

http://retornarparaelfuturo.blogspot.com/