Amigas da Terra e Enxeñerías Sen Fronteiras organizamos un encontro dentro do proxecto “Mulleres Bravas” o sábado 3 de outubro.
O obxectivo deste encontro será formarnos e indagar no que entendemos coma ecofeminismo cunha mirada decolonial nas nosas organizacións, plataformas ou colectivos. Neste espazo tamén están convidadas as activistas de Amigas da Terra pois tamén forma parte do encontro de activistas que facemos tódolos anos, desta vez centrado no ecofeminismo xa que é unha parte fundamental do noso plan estratéxico.
O evento terá lugar na Casa das Máquinas en Santiago de Compostela.
10-13h Formación teórica e práctica con Zinthia Álvarez Palomino
13-14h Experiencias na defensa do territorio da man dunha activista hondureña
14.30-16h Xantar
16-17h Presentación do informe: “micromachismos no activismo galego”. Colaboración de Mulleres Bravas coa Facultade de Psicoloxía.
17-20h Indagación sobre o ecofeminismo nas nosas organizacións da man de Outonía
20h Peche e seguintes pasos da man de Outonía
21h Cea
Aquí está o formulario para inscribirse, que estará aberto ata o 18 de setembro: https://my.liberaforms.org/xornadas-ecofeminismo-decolonial-e-mulleres-bravas
Por cuestións loxísticas, daremos prioridade a que poidan vir o maior número de colectivos e plataformas e a nosa base social antes que individualidades ou sobrerepresentación dos mesmo colectivos.
Aquí está a web do proxecto para buscar máis información https://mulleresbravas.gal/
Leave A Comment