foto_curso_EA

  Amigos da Terra levará a cabo durante a fin de semana do 22 ao 23 de outubro, unha nova actividade formativa no eido da educación ambiental, coa que pretendemos poñer en valor a súa potencialidade.

A través deste curso aportaremos coñecementos, ferramentas e estratexias que reforzarán o papel dos/as educadores/as ambientais como transmisores/as de aptitudes, coñecementos e valores socialmente xustos e ambientalmente responsables.

O curso desenvolveráse no Centro de Educación Ambiental “As Corcerizas”, equipamento pioneiro na utilización de técnicas bioconstrutivas e na aplicación da arquitectura bioclimática como exemplo que demostra a súa realidade.

Máis información e inscricións