INICIAMOS UNHA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE SINATURAS PARA EXIXIR QUE SE DENEGUEN DEFINITIVAMENTE OS PROXECTOS DE ALTRI E A MINA DE TOURO.
Reclamamos a Alfonso Rueda que a Xunta exerza as súas competencias e denegue e, posteriormente, arquive de vez os proxectos da macrocelulosa en Palas de Rei e a mina en Touro-O Pino. Non podemos permitir que sigan adiante proxectos que ameazan o río Ulla, a ría de Arousa e as nosas vidas.
Os procedementos administrativos que se están a desenvolver pola Xunta a respecto do proxecto de celulosa de Altri non se axustan a dereito. Polo tanto, o que corresponde a estas alturas é que por parte da Xunta se resolva expresamente sobre o fondo da solicitude, desestimándoa dunha vez por todas.
🔗 Descarga o formulario no enlace e entregao no rexistro eletrónico da Xunta ou en calquera rexistro físico (Concello, Xunta, Subdelegación do Goberno): https://i.gal/resolucion-altri-mina
ℹ️ Neste mesmo enlace atoparás tamén instrucións de como presentalo no rexistro electrónico.
🔴 Tamén poderedes asinar nas mesas que durante os próximos meses poñeremos ó longo do país.
*RE-MATEMOS NÓS A CELULOSA DE ALTRI E A MINA DE TOURO*‼️