
Amigos da Terra levará a cabo do 30 de setembro ao 7 de outubro, dous cursos prácticos sobre “Bioconstrución” e “Rehabilitación e Construción con cal” no Centro de Educación Ambiental “As Corcerizas”, equipamento pioneiro na utilización de técnicas bioconstrutivas e na aplicación da arquitectura bioclimática como exemplo que demostra a súa realidade.
Esta formación vai dirixida a autoconstrutores/as, estudantes e profesionais da construción e bioconstrución, arquitectura, urbanismo, enxeñeiría, xestión do territorio, calidade ambiental, etc.
Os cursos proporcionan unha formación específica e aplicacións prácticas sobre sistemas constructivos, materiais de bioconstrución, illamento térmico, asi como o emprego da cal en morteros, revocos e solos.

Máis información e inscricións
Ola!! Eu mais unha amiga saímos o venres pola tarde desde Vigo. Eu dispoño de coche así, hai tres prazas vacantes. Non teñen q ser persoas de Vigo, tamén vale Porriño, Ponteareas e pobos todo pobo polo que pase a A52. Saudos!