• Este sábado 18 de outubro, centos de organizacións celebran o Día Internacional da Reparación co obxectivo de visibilizar ás comunidades de reparadores e reparadoras e promover a reparación como medio para previr a crecente xeración de residuos e a extracción de recursos.
  • Amigas da Terra, AERESS, CECU, Setem, Restarters, Ereuse, Pangea, Enxeñería sen Fronteiras e a Alianza Residuo Cero reclaman o dereito para reparar no marco da Lei de Consumo Sostible.

O vindeiro sábado 18 de outubro celébrase o Día Internacional da Reparación, o cal ten lugar cada ano o terceiro sábado de outubro en todo o mundo desde 2017. Ao longo do mes de outubro miles de persoas participarán en talleres de reparación e intercambios de obxectos co obxectivo de visibilizar ás comunidades de reparadores e reparadoras e fomentar o dereito para reparar para previr a crecente xeración de residuos e poñer fin á extracción de recursos naturais que conleva.

A sociedade civil española tamén se sumou á iniciativa un ano máis coa organización de actividades descentralizadas en todo o territorio. Todas as actividades pódense consultar no mapa da Open Repair Alliance. En concreto, os colectivos están a organizar Repair Cafés en Galicia, Madrid, Andalucía, Castela e León, Aragón, Cataluña, Illas Baleares, e Valencia: espazos xestionados por persoas voluntarias con experiencia en reparación, nos cales a cidadanía aprende a reparar pezas de téxtil ou pequenos aparellos eléctricos e electrónicos de balde.

No contexto da tripla crise ambiental (de biodiversidade, de contaminación e climática), o crecente fluxo de residuos é un problema que contribúe ás tres, e por tanto é clave para facer unha transición cara a un modelo de produción e consumo máis sostible, enmarcado na economía circular e un uso máis eficiente dos recursos naturais. Na actualidade existen múltiples barreiras á reparación que non permiten ás consumidoras e usuarias reparar os seus aparellos eléctricos e electrónicos, por exemplo.

O lixo electrónico é o fluxo de residuos que máis rápido crece no mundo: en 2022 producíronse 62 mil millóns de toneladas deste tipo de residuos. O téxtil tamén é outro sector con cifras alarmantes: o 2018 xeráronse 92 millóns de toneladas de residuos téxtiles. Segundo a Alianza Residuo Cero é indispensable tomar medidas e acabar co malgasto que supón un modelo de produción e consumo baseado no comprar, usar e tirar.

Ante esta situación Amigas da Terra, AERESS, CECU, Setem, Restarters, Ereuse, Pangea, Enxeñería sen Fronteiras e a Alianza Residuo Cero reclaman unha trasposición da directiva polo dereito para reparar efectiva que garanta a durabilidade dos obxectos no mercado, así como a súa reparabilidade.

Nestes momentos, desde do Ministerio de Consumo estase a levar a cabo a transposición da Directiva polo Dereito para reparar, xunto coa transposición da Directiva contra o lavado verde (Greenwashing), e a Directiva 2024/1799 pola cal se modifican varios regulamentos que afectan ao dereito a reparar. Estas transposicións quedarán recollidas na futura Lei de Consumo Sostible.

As organizacións presentaron alegacións ao borrador da lei co obxectivo de conseguir unha transposición das directivas europeas que obrigue ás administracións para implementar de forma máis eficaz a xerarquía de residuos (reducir, reutilizar, reparar, recuperar, reciclar) e conseguir levar a cabo unha prevención de residuos máis ambiciosa; tamén para que a industria fabrique produtos que sexan máis duradeiros, reparables e facilmente reciclables.