Dende Amigas da Terra consideramos que o Consello Forestal é un órgano axeitado se cumpre co establecido no seu Decreto de creación (Decreto 306/2004), asi o Consello Forestal debe axudar a atopar solucións que minimicen a repercusión dos incendios forestais nos nosos ecosistemas.

Dende 1990 xa levamos 35 anos de plans de prevención e loita contra incendios de Galicia (INFOGA e PLADIGA), e dende 2004 que se creou o Consello Forestal de Galicia é tempo máis que suficiente para establecer canles de diálogo que melloren a prevención e a extinción dos incendios forestais.

Dende a creación do Consello Forestal de Galicia no ano 2004, temos solicitado de forma cotiá a presidencia do Consello Forestal a necesidade da creación de distintas mesas (como ocurre no resto de Europa neste tipo de consellos colexiados, consultivos e de representación) mesas e grupos de traballo que axuden a mellorar a xestión dos distintos ecosistemas forestais e o aproveitamento dos seus produtos.

Amigas da Terra segue insistindo que é preciso crear dentro do Consello Forestal unha Mesa/Grupo de Traballo sobre Incendios Forestais para mellorar no posible un Plano de Loita Contra Incendios que, por desgraza para o noso país, ten sido un fracaso, fracaso dos distintos gobernos da Xunta de Galicia e fracaso do conxunto da sociedade. “É posible solucionar o problema se estudamos os erros do pasado e buscamos solucións mediante o diálogo e a participación do conxunto da sociedade e mediante os seus representantes”, “A loucura e seguir facendo o mesmo e esperar resultados diferentes”; medio século de fracaso na loita contra os lumes forestais en Galicia son máis que suficientes para alomenos intentar atopar solucións ao mais grave problema medioambiental que aturamos. Eivas e danos aos ecosistemas forestais con graves repercusións económicas, ecolóxicas e sociais que afectan ao conxunto da sociedade galega. Consideramos que é posible e resulta imprescindible, coa aportación de todos e todas, minimizar o número e os efectos cos incendios forestais causan aos nosos montes e ao noso patrimonio natural.

Dada a situación creada polos incendios forestais nos últimos días e tendo en consideración os efectos, o número de incendios, as zonas afectadas e a dimensión que os incendios teñen para o conxunto de Galicia o seu é que no Consello Forestal de Galicia se cre xa unhaMesa/Grupo de Traballo sobre Incendios Forestais, consideramos que as achegas, propostas e suxestións que podemos realizar os distintos vogais que integramos o Consello Forestal van a mellorar a prevención, a extinción e o desenvolvemento sustentable dos nosos montes, dos ecosistemas naturais e colateralmente o desenvolvemento socioeconómico de Galicia.

Solicitamos ante a administraciónda Xunta de Galicia a inmediata creación dunha Mesa de Traballo sobre Incendios Forestais no Consello Forestal de Galicia para tratar a problemática dos incendios, mesa na que se estudara e se achegaran propostas, suxestións e solucións, que as hai, para mellorar a prevención e a extinción dos incendios forestais en Galicia e para entre todos e todas rematar con este grave problema (endemismo enquistado) que prexudica anos tras ano a economía, a ecoloxía e ao conxunto da sociedade de Galicia..