Os informes periciais corroboran a contaminación grave e o risco para a saúde das persoas residentes na zona
Hoxe tivo lugar, en Galicia, a primeira sesión da vista do caso histórico das Conchas por vulneración de dereitos fundamentais. A parte demandante, que representa os veciños e veciñas da localidade, presentou o caso ante o Tribunal Superior de Xustiza galego, no que denuncian ás administracións pola súa inactividade durante máis dunha década fronte á contaminación ocasionada pola gandería industrial na rexión.
O caso, presentado xunto coa Federación de Consumidores e Usuarios CECU e apoiado por ClientEarth e Amigas da Terra, marca un precedente en Europa, xa que por primeira vez un tribunal avaliará o impacto da gandería industrial nos recursos hídricos, desde unha perspectiva de dereitos fundamentais.
Os expertos periciais presentaron declaración hoxe ante o tribunal:
- As mostras que tomaron e estudaron corroboran altos niveis de contaminación por nitratos no encoro e na conca do río Limia, o que pode atribuírse a residuos orgánicos, é dicir provenientes de fontes gandeiras.
- Os nitratos na superficie da auga son entre 500 e 1.000 veces superiores aos esperados en encoros como o das Conchas.
- A cantidade de cianobacterias na auga (que poden causar entre outros problemas respiratorios, gastrointestinais e hepáticos) é “extremadamente perigosa”.
Determinados representantes das autoridades locais demandadas declararán na segunda parte da práctica da proba que se celebrará o vindeiro venres.
Máis información sobre o alcance da contaminación nas Conchas e as leis invocadas aquí.
Cronoloxía dos acontecementos
O caso presentouse en marzo de 2025 e a primeira sesión da vista celebrouse o día 13 de xuño. A segunda e última sesión celebrarase o día 20 de xuño, seguiralle o trámite de conclusións e despois quedará visto para sentenza. Esperase unha sentenza en primeira instancia nos próximos dous meses.