A unha semana do xuízo das Conchas unha nova proliferación de bacterias arrasa o encoro
A pesar dos graves impactos ambientais e sobre a saúde que representan as explotacións de gandería industrial, as autoridades autorizaron centos de macroproxectos
Se a demanda chega a estimarse sentaría un precedente xurídico que podería axudar a outras comunidades ante situacións similares
O próximo 13 de xuño, a demanda da poboación das Conchas pola inacción das administracións fronte ás verteduras de gandería industrial chega aos xulgados. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia terá que avaliar a situación insostible que viven as veciñas e veciños da zona e decidir quen é o responsable e que medidas deberán aplicar.
Nove demandantes, entre eles sete veciños, a Asociación de veciños das Conchas e a Federación de Consumidores e Usuarios CECU, levarán ao seu goberno autonómico e demais autoridades públicas ante os tribunais galegos a mediados de xuño, pola presunta mala xestión da contaminación xerada pola gandería intensiva, que ameaza a toda a comunidade.
A demanda, que conta co apoio de ClientEarth e Amigas da Terra, é a primeira na que un tribunal en Europa xulga o impacto sobre os dereitos humanos fundamentais das explotacións gandeiras intensivas e a contaminación que provocan na auga.
Se a demanda chega a estimarse, as autoridades públicas implicadas poderían verse obrigadas a tomar medidas fronte á contaminación que afecta á zona desde hai máis dunha década. Isto sentaría un precedente xurídico que podería axudar a outras comunidades de todo o continente á hora de enfrontarse a ameazas similares.
Ata o momento, a fiscalía apoiou os argumentos presentados no caso pola parte demandante e solicitou que se estime a demanda ante os tribunais.
Lembrámosvos que un grupo de nove demandantes, incluíndo persoas e organizacións, entre as que se atopa a Federación de Consumidores e Usuarios CECU, co apoio de Amigas da Terra e ClientEarth, levou á as autoridades galegas ante a xustiza por permitir durante décadas a contaminación do encoro As Conchas (Ourense).
Tras a presentación desta demanda, a fiscalía solicitou que se estimase a demanda por vulneración de dereitos fundamentais debido á grave contaminación do encoro das Conchas e entendía que a contaminación do río e o encoro débese á inacción das administracións públicas. “A contaminación á que estiveron expostos supón unha infracción constante á súa dignidade”
Consideraba que a Xunta e a proliferación de macrogranxas que son a orixe do problema. “Non só non exerceron ningún control sobre as explotacións xa autorizadas senón que continuaron autorizando novas”
Seguiremos acompañando e apoiando as persoas demandantes neste proceso, do que te iremos informando.
Esperamos que As Conchas sente un precedente e que máis persoas poidan sumarse a demandas deste tipo para esixir que se esixa respecto dunha vez por todas aos dereitos fundamentais das comunidades.