En Amigas da Terra estamos organizando o noso encontro anual, un espazo onde xuntarnos, pasar tempo xuntas, conversar sobre a asociación e facer actividades na natureza.
Amigas da Terra somos todas as persoas que a conformamos e a construimos en colectivo!
Nesta ocasion, atoparemonos os dias 6 e 7 de Xuño no proxecto de Tanquian, en Ferreria de Panton. Adicaremos tempo á parte mais formal de asemblea pero sobre todo a reflexionar e repensar en colectivo sobre a asociación, e a achegarnos á realidade do territorio. Os retos ambientais son moitos pero as enerxías e gañas tamen.
Se queres unirte aquí tes o formulario onde hai que inscribirse e máis información sobre o plan.
Para facilitar a participación, tes a opción de elexir os espazos aos que queres unirte, mais convidamosche a que non te perdas nada.
En Tanquian imos atopar unha finde de desconexión pola súa ubicación e a visión que ten o proxecto; van preparar as nosas comidas, as camas, os espazos, e nos van contar sobre o proxecto.
***************
Actividade
O pasado fin de semana realizamos o noso encontro anual de activistas onde estivemos visitando o proxecto de Tanquian en Ferreria de Panton, nun espazo onde nos xuntamos para reflexionar e repensar en colectivo sobre a asociación, e organizamos un faladoiro e obradoiro sobre “Que queremos que sexa Amigas da Terra? xunto co traballo dun novo plan estratexico para os vindeiros anos.
Leave A Comment