Nestes días podemos comprobar a situacion da contaminacion do encoro de “As Conchas”, nos concellos de Muiños, Bande e Loberia, da provincia de Ourense, nos que se aprecia a proliferación dun bloom de cianobacterias en diferentes localizacions coma Ponte das Laxas Negueiroá-Barxés, toda a zona das praias da Rola, Porto Quintela e contorna dos Baños de Bande (zona termal), e a praia do Corgo Mugueimes (Muiños) por citar algunhas zoans xa que esta afectado o conxunto do encoro.

Esta situación de contaminacion por cianobacterias, que son favorecidas polas altas temperaturas, estan afectando á salubridade e o estado sanitario das augas, e supoñen un risco para a poboación polo que consideramos que se deben tomar medidas por parte da administración.

Dende Amigas da Terra, xa manifestamos que estes episodios recorrentes de contaminación por cianobacterias, non se solucionan se non se atalla a problemática da xestión dos residuos gandeiros que producen as explotacións da comarca da Limia e Baixa Limia, así coma se indica nun informe realizado polo Ministerio de Transición Ecolóxica que tamén alerta do risco de contaminación por nitratos que existe nas aguas dos ríos en varios puntos da comarca de Xinzo de Limia.