Agardando trece anos polo Consello Municipal de Medio Ambiente na cidade de Ourense.
Dende Amigas da Terra vimos de presentar ante o rexistro do Concello de Ourense un escrito demandando a convocatoria da primeira reunión do Consello Municipal de Medio Ambiente.
Dende os últimos trece anos, ano 2012, vemos continuamente como as actuacións do concello de Ourense en canto ao patrimonio arbóreo da cidade poden calificarse como “arboricido xeneralizado”. Os diferentes grupos políticos que tiveron responsabilidades de goberno, pouco fixeron nestes últimos trece anos na cidade de Ourense en relación a conservación do noso patrimonio natural e ambiental.
Moitos exemplares de cedros, chopos brancos, cipreses, plátanos comúns…foron cortados polo pé ou foron decapitados sen seguir os máis mínimos consellos existentes nos manuais básicos da arboricultura tanto moderna como antiga. As vítimas foron moitas coma as árbores da Praza da Magdalena, Praza de San Marcial, Praza Bispo Cesáreo, o arce ameazado da Praza dos Suaves, talas na Universidade Laboral, parques abandoados coma o do Couto , as ribeiras dos ríos Miño, Barbaña e Loña, actuacions na Avenida das Caldas… Nestes días estanse a producir actuacions no xardin Histórico do Xardín do Posío que non coinciden co proxecto de remodelación inicilamente previsto
Amigas da Terra considera que as actuacións realizadas podían evitarse se no Concello de Ourense estivera creado o imprescindible Consello Municipal de Medio Ambiente que leva mais de trece anos agardando pola sua posta en funcionamento e a día de hoxe aínda non constituído. Lembramos que en setembro do ano 2020, aprobouse de forma unánime por todolos grupos políticos con representación no concello de Ourense a creación e posta en marcha do Consello Municipal de Medio Ambiente, pero que segue paralizado e sen ser convocado.
Ante as recentes novas de actualidade sobre a plantación de 10.000 árbores contra o cambio climático na cidade Ourense para que sexa unha “experiencia piloto” ou “refuxio climatico” consideramos que o lugar axeitado para realizar as concrecións tecnicas é o Consello Municipal de Medio ambiete aplicandose o principio de que “Ninguén sabe todo, todos saben algo e entre todos saben moito”
Neste Consello municipal de medio ambiente, como consello de participación pública, podían aportarse 10.000 ideas, solucións, plans de actuación, inmediata catalogación do patrimonio arbóreo con que conta a cidade, necesidades de mantemento do patrimonio arbóreo, etc.
Dende Amigas da Terra vimos de presentar un escrito no rexistro do Concello de Ourense, dirixido a todolos representantes dos grupos polícos para demandar a convocatoria da primeira reunión do Consello Municipal de Medio Ambiente, xa que o Xardín do Posío non merece menos.