A Facilitación é unha metodoloxía que nos permite acompañar aos grupos para apoiar a súa calidade de vida. Este curso ten unha mirada holística da vida, ecosistémica, entendendo que aquelo que acontece nos grupos ten que ver cos individuos que o compoñen, coa suma das súas interaccións e co contexto socio-histórico no que se atopan. Nun momento de crise ecosocial como é o noso presente, aparécensenos grandes desafíos como comunidade, desde os pequenos colectivos que habitamos ata a sociedade da que facemos parte. A Facilitación mira para estes retos como unha oportunidade para fortalecerse, medrar e poder ser máis resilientes como comunidade humana implicada na sustentabilidade da vida.
A colectiva de facilitación e formación con mirada feminista Subúrbia e a organización ecoloxista Amigas da Terra, compremetidas cun cambio de paradigma no noso modelo de relacionarnos, organizan este curso intensivo de facilitación de grupos acreditado polo IIFACe (Instituto de Facilitación y Cambio www.iiface.org).
Entre xaneiro e xullo de 2025 nos espazos de A Casa Vella (Allariz) e Eco dos Teixos (Valdeorras), entornos de natureza e benestar na provincia de Ourense (Galiza).
Consulta a guía completa do curso!
Persoas destinatarias:
Este curso interésache se participas e/ou traballas con grupos, colectivos, asociacións, equipas de traballo ou organizacións e queres aprender máis sobre as dinámicas e os diversos aspectos que se dan nos mesmos.
A través desta formación intensiva acadarás ferramentas para aplicar no teu contexto grupal e desenvolverás habilidades para acompañar procesos grupais desde o rol da facilitación.
Estutura e metodoloxía:
O curso de facilitación de grupos estrutúrase en 8 módulos presenciais (3 deles residenciais) entre os meses de xaneiro e xullo de 2025. A duración total do curso é de 150 horas formativas, distribuidas do seguinte xeito:
- 108 horas presenciais [13’5 horas por módulo]
- 12 horas online [unha sesión de 1’5h/mes, intermódulos]
- 30 horas de traballo persoal
Programa:
- Módulo 1: Introdución aos procesos grupais e á facilitación de grupos: 25 e 26 de xaneiro – A Casa Vella, Allariz
- Módulo 2: A comunicación e a súa implicación nos procesos grupais: 22 e 23 de febreiro – Eco dos Teixos, Valdeorras [RESIDENCIAL]
- Módulo 3: Rango, poder, privilexios e liderado: 22 e 23 de marzo – A Casa Vella, Allariz
- Módulo 4: Gobernanza e toma de decisións: 12 e 13 de abril – A Casa Vella, Allariz
- Módulo 5: Xestión emocional nos grupos: 10 e 11 de maio – Eco dos Teixos, Valdeorras [RESIDENCIAL]
- Módulo 6: O potencial do conflito: 31 de maio e 1 de xuño – A Casa Vella, Allariz
- Módulo 7: Indagación e sabedoría colectiva: a creatividade nos grupos: 28 e 29 de xuño – Eco dos Teixos, Valdeorras [RESIDENCIAL]
- Módulo 8: Interseccionalidade, ecoloxía e facilitación de grupos: 19 e 20 de xullo – A Casa Vella, Allariz
Prazas limitadas. Prazo de inscrición: ata o 20 de decembro: https://forms.gle/nHPmk2MAHqgHVpiBA
Máis información: facilitacion@amigasdaterra.net / 600051041