“Encontro de activistas: análise anual e decisións colectivas para transformar o sistema”
Aprobeitando a Asemblea Xeral Ordinaria 2024 de Amigas da Terra que terá lugar en Silleda (na Fundación Roberto Rivas) teremos un espazo para facer unha análise anual e tomar decisións colectivas para transformar o sistema.
Ademais de por en común e tratar diversos temas como futuras sesións e formacións interesantes tamén teremos tempo para desfrutar do día, comer xuntis e compartir un montón.
- Explicitar neste senso que o encontro será un espazo para tódalas persoas de tódalas idades
- Para o xantar, dende Amigas da Terra poremos comida tamén vegana pero se aínda así, se alguén quere/necesita traer algo máis pola súa conta, benvida sexa! Como parte da filosofía ResiduoCero, recomendamos que cada unha traia a súa botella de auga, cubertos, pratos e servilletas
- Respecto ao transporte, Amigas da Terra cubrirá os gastos relacionados a cada participante
- Facilitaremos a participación virtual polo que lembrade escribirnos ao enderezo-e info@amigasdaterra.net ou chamarnos ao 988374318 para compartirvos o enlace ZOOM de acceso
Leave A Comment