Todas as evidencias, a nivel global e especialmente en Europa, con procesos idénticos ao que sucede en Galicia, apuntan sen dúbida á gripe aviar como a causa do descenso das poboacións de aves mariñas, especialmente gaivotas. En Galicia, en cambio, séguese falando dunha misteriosa enfermidade paralizante descoñecida. Amigas da Terra elaborou este informe sobre a situación a nivel global e europeo e propón recomendacións de urxencia que a administración responsable (Xunta de Galicia e Parque Nacional das Illas Atlánticas) deberían poñer en marcha de forma urxente ou ben explicar o motivo polo que descartan a gripe aviar como causa fundamental neste vertixinoso descenso das poboacións de gaivotas.

A situación resulta extremadamente preocupante cando xa existen casos documentados do salto da gripe aviar a mamíferos terrestres e especialmente mariños, aos que en Galicia tamén se lles debería facer un estudo epidemiolóxico aos exemplares que chegan nos varamentos nos que temos cifras de récord.

É Galicia unha excepción a nivel global? Con que datos conta a Xunta de Galicia e o Parque Nacional das illas atlánticas para descartar a gripe aviar? Con base a que procedemento de control se descarta?

Para máis información, descarga este informe.