
España é o primeiro país produtor de bolsas dun único uso e o terceiro consumidor en Europa. Cada ano distribúense 10. 500 millóns de bolsas de plástico en todo o Estado. A bolsa de plástico ten un tempo de vida duns 15 minutos, O 62% delas empréganse na casa como bolsa do lixo e tan so o 10% recíclase a través dos colectores amarelos. Amigos da Terra, en conxunto coa Asociacion de Comerciantes Estrela de Marín, pon en marcha hoxe unha campaña que demostra que o cambio cara unha cultura responsable é posible.
Como o sistema empregado por SOGAMA no 98% dos concellos de Galicia para tratar os residuos do contedor verde é a incineración, todas as bolsas que acaban neste contedor van directamente o que eufemisticamente chaman “planta de valorización enerxética”. Tendo en conta que cada vez que se incinera unha bolsa de plástico implica unha perdida de enerxía equivalente a ter unha lámpada de 100w acendida durante un minuto e medio; estamos gastando recursos cando se fabrica bolsas dun só uso, xerando un residuo innecesario en cuestión de minutos e perdendo este residuo ó incineralo.
A vista de que a nova lei estatal de residuos non artellará xeitos reais para que a cidadanía reduzan a súa xeración de residuos, na área de Residuos de Amigos da Terra vimos a necesidade de levar a rúa as alternativas existentes en aspectos tan sinxelos como a compra diaria.
“A bolsa con Estrela” é a primeira campaña a nivel autonómico na que se xunta o pequeno comercio A. C. Estrela de Marín cunha asociación ecoloxista, para traballar cun mesmo fin, transmitir información a comerciantes e a cidadanía da problemática dos nosos residuos, a necesidade nun cambio de modelo nos nosos hábitos de compra, e dar alternativas para xerar este cambio
Como hai que comezar por algunha parte concreta centrámonos na redución de bolsas dun só uso no mercado e nas tendas asociadas, usando esta como fío condutor para facer visible a cuestión global dos nosos residuos.
A campaña consta de visitas informativas ós comerciantes, con enquisas e achega de información, accións de rúa no mercado de Marín, o xogo da redución, no que cada persoa que deixe de usar unha bolsa dun só uso terá un selo na súa tarxeta, con seis selos conséguese directamente unha bolsa reutilizable e particípase no sorteo de dez carros da compra.
As accións de rúa repartiranse o longo do verán, a primeira a levaremos a cabo este sábado 2 de xullo, coincidindo coa celebración do “día sen bolsa”. Contaremos cun grupo de voluntarios e todos/as vos estades convidados a pasar polo mercado de Marín e celebrar con nós este día sen bolsa.
Xenial, encántame!! Bonito deseño ademais