Imaxínaste que a enerxía comunitaria empeza a multiplicarse por todo o país? Que cada vez houbese máis persoas xestionando a súa propia enerxía renovable? Nós imaxinámonolo, e cremos que é posible, pero para eso, temos que reclamalo!
Máis de trinta organizacións lanzamos a campaña “Acende a Enerxía Comunitaria”, para reclamar ao Goberno un apoio decidido ás comunidades enerxéticas.
Desde a Coalición pola Enerxía Comunitaria, da que Amigas da Terra forma parte, estamos a solicitar firmas para mudar as normas do xogo.
É indispensable avanzar cara unha transición enerxética xusta baseada na equidade da cidadanía e na democratización do modelo enerxético. Para este fin a Enerxía Comunitaria é a clave para non deixarnos ningunha fenda á hora de implantar as enerxías renovables e facelo de forma descentralizada e respectuosa coa contorna e as persoas.
As grandes empresas da enerxía enriquécense á nosa costa, e non lles importan as graves consecuencias sociais e ambientais que as súas decisións teñen para a poboación.
Se queremos cambiar o modelo enerxético actual, que é tremendamente inxusto e priva de enerxía ás persoas que se atopan en situación de precariedade, necesitamos apostar pola Enerxía Comunitaria. É o camiño para un cambio real: democratizar o modelo enerxético, garantir o dereito á enerxía e combater a crise climática.
Por eso necesitamos que te unas e, entre todas, reclamar ao Goberno un impulso decidido pola enerxía comunitaria, e transformar así o sistema enerxético nun máis xusto, 100% renovable e participativo.
Asina! Acende o dereito á enerxía!