Sesión Posición ante Macro-Proxectos Eólicos

Cargando eventos
Despois de varias conversas que foron xurdindo en diferentes espazos de Amigas da Terra, decatámonos de que o tema dos eólicos é un tema importante, complexo e profundo ao que precisamos darlle mais espazo para atendelo con tempo, enerxía e coidados.
Por isto, a equipa técnica queremos organizar unha sesión para poder ter esta conversa. Esta sesión terá un formato virtual para facilitar a asistencia das persoas que estemos interesadas e terá unha duración de 1h30min para poder abordar este tema profundamente e ca maior diversidade de voces posible.
O obxectivo de esta sesión será atopar e facer explícito o posicionamento de Amigas da Terra (na teoría e na práctica) nos temas referentes aos macro-proxectos eólicos.
Mércores 15 de maio
12:00-13:30
Aquí o enlace ZOOM de acceso

Leave A Comment

Go to Top