A RESCOP convocou unha Xornada de mobilización por Palestina o próximo 20 de xaneiro a nivel estatal polo fin do xenocidio en Palestina, o fin ao comercio de armas e a ruptura de relacións con Israel.
Desde Amigos da Terra unímonos a esta importante convocatoria, de igual modo que estamos coordinadas con diferentes axentes da sociedade civil para facer máis presión solicitando o #AltoelFuegoYa e tamén á campaña #StopArmasConIsrael. Á súa vez adherímonos ao boicot comercial estratético de BDS.
Seguimos coa sensación de que nada é suficiente, nada é bastante, pero non desistiremos en denunciar este absurdo e esixir o fin deste masacre. Decenas de cidades xa se están sumado á iniciativa. O 20 de xaneiro, non te quedes na casa, necesitamos moitas voces para deter o xenocidio en Palestina!
Aqui en Galicia as cidades de Lugo e Vigo súmanse ás mobilizacións estatais en apoio ao pobo palestino.
O goberno do Estado español está a incumprir lexislación estatal e internacional mantendo o comercio de armas con Israel e non facendo todo o posible por previr o xenocidio contra o pobo palestino.
Queres saber como sumarte? Pica nesta ligazón para saber máis.
Urxe premer ao goberno español para que acabe a súa complicidade!