Desde Amigas da Terra queremos celebrar que este ano cumprimos o noso 25 aniversario. É un fito que se conseguiu grazas ao incrible traballo e adicación das persoas socias, traballadoras, colaboradoras, activistas, voluntarias, achegadas, simpatizantes,…
En nome de todas as Amigas da Terra, agradecemos o voso apoio continuo e queremos celebralo convosco nunha festa típica da cidade na que este proxecto colectivo naceu:
O sábado 28 de outubro achégate ao Magosto de Amigas da Terra en Montealegre!!!
Porque a loita por un medio ambiente san e un mundo máis xusto para todas ten que ir acompañada da celebración da vida e de festexar a nosa traxectoria pasada, presente e futura
CANDO: sábado 28 de outubro a partir das 12:00 do mediodía e ata que o corpo aguante
ONDE: en Montealegre, o lugar típico de celebración dos magostos na cidade de Ourense, nas proximidades do Xardín Botánico, esta é a ubicación >>>
De cara a facilitar a loxística do magosto para celebrar o XXV aniversario necesitamos que vos inscribades aquí »»
PROPOSTA:
12:00 Quedamos aquí >>> para aparcar os coches en caso de que non subades a pe (o máis tradicional e o máis práctico se non vides cargadas) e para ter un punto de referencia desde o que achegarvos ata o punto exacto que estará marcado desde a estrada
13:00 Sesión “vermú” con música en vivo
14:30 Xantar popular
16:00 en adiante, foliada! (trae instrumentos, ganas de cantar e bailar!)
COMIDA e BEBIDA
Desde Amigas da Terra queremos facervos un mimiño e convidaremos a empanadas veganas e vexetas, tortillas, chourizos, bica e castañas. Para beber levaremos viño, gaseosa e auga.
Si vos apetece levar algo para partillar co resto será benvido, e si podedes traer as vosas cuncs e vasos mellor que mellor
TRANSPORTE
A xente que veña dende fóra de Ourense terá axuda para o transporte si así o solicita
E SE CHOVE?!?! moito ten que chover para anular un magosto, pero todo é posible, contamos cun plan B para celebrala nun bar da cidade, todas as persoas inscritas serán avisadas do cambio e actualizaremos a información nas nosas redes