O próximo 21 de outubro celébrase o Día Internacional da Reparación con centos de eventos en todo o mundo Amigos da Terra súmase á cita, que se celebra cada ano o terceiro sábado de outubro baixo o lema Dereito a reparar para todas, como parte da plataforma europea Right to Repair da que forma parte.

Do 18 ao 27 de outubro os grupos locais da asociación ecoloxista organizan Repair Cafés por todo o territorio español, talleres para alongar a vida útil de diferentes obxectos. Así, compartirán experiencias e coñecementos para fomentar a práctica da reparación e reivindicar o dereito para reparar. Nos talleres arranxaranse obxectos variados desde equipos informáticos, aparellos eléctricos e electrónicos ata roupa ou bicicletas.

O obxectivo deste día é demostrar aos gobernos que o dereito para reparar debería ser un dereito universal accesible e alcanzable por norma para todas as persoas.

Cando e onde?

Santiago de Compostela, Repair Café de equipos informáticos, o 19 de outubro ás 16:30.

No Vestíbulo xunto a cafetería da Escola Técnica Superior de Enxeñaría. Campus Vida. Universidade de Santiago de Compostela.

Os Repair Café son espazos informais de reparación, de encontro, de libre acceso, de intercambio de saber e de loita contra a cultura de usar e tirar, nos que se reparan pezas, electrodomésticos, electrónica, xoguetes etc., para así darlles múltiples vidas ás cousas.