Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO) é unha organización sen ánimo de lucro, formada por un colectivo de profesionais do mundo da comunicación en Galicia que están comprometidos coa producción, realización e difusión de proxectos de cooperación e solidariedade, con especial dedicación ao desenvolvemento de accións sociais que estén promovidas dende a Comunidade Autónoma Galega, tratando de xerar unha muda cara a unha sociedade máis inclusiva e xusta.

 

Creada no mes de maio de 2008 coa apertura da primeira corresponsalía, en Pontevedra, AGARESO é unha asociación totalmente apolítica e laica, como único vínculo entre sos eus integrantes o traballo a prol da solidariedade e cooperación cos colectivos máis desfavorecidos, tentando promover, concienciar e sensibilizar á sociedade dunha realidade próxima e frecuenemente silenciada nos grandes medios de comunicación. Para iso, AGARESO non pretende xerar accións illadas, senón dar continuidade a todos e cada un dos seus proxectos.

Máis información na súa web: www.agareso.org

Escoita AGARESO Radio

AGARESO-RADIO-ASOCIADA-ONU