40-f-imaxe-formulario

Amigos da Terra anímavos a fomar parte activa da mellora dos nosos montes e a disfrutar dos encantos da montaña ourensá, a través do programa Voluntariado Ambiental en Espazos Naturais. Este programa é un proxecto de educación ambiental multidisciplinar posto en marcha pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, e pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza; na Serra de San Mamede (Macizo Central Ourensán) e na Baixa Limia (Serra do Xurés).

Un programa de formación e sensibilización en materia de patrimonio natural galego, que ten por obxecto promover o voluntariado a través de actividades de educación ambiental encamiñadas á conservación, recuperación, sostibilidade e divulgación dos valores de distintos espazos naturais de Galicia.

Actividades a desenvolver:

  • Revexetación dunha das balsas do filtro de depuración biolóxica
  • Creación de refuxios para anfibios e reptis
  • Restauración e recuperación ambiental de regueiros
  • Consolidación de pequenos taludes e recuperación da flora preexistente
  • Acondicionamento e creación dun bosque comestible
  • Actividades de identificación e conservación de rastros e sinais de fauna
  • Restauración dos prados pastizais naturais
  • Fabricación e colocación de comedeiros e caixas niño para aves e morcegos
  • Formación Xurídico Ambiental
  • Roteiros pola Serra

Datas e lugar de realización na Serra de San Mamede:

  • Abril: do 29 ao 1 maio.
  • Maio: do 13 ao 15.
  • Xuño: do 17 ao 19, e do 24 ao 26.

Cada quenda contará cun máximo de 25 persoas voluntarias. As actividades e estancia desenvolveranse no entorno do Centro de Educación Ambiental As Corcerizas.

O programa inclúe:

– Aloxamento e pensión completa en albergue.

– Programa de actividades e equipo educativo

– Seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

– O desprazamento ata o albergue será por conta dos participantes.

Condicións xerais:

Poderán participar no programa voluntarios e voluntarias que teñan cumpridos os 18 anos no momento da súa participación.

Deberán levar os útiles de aseo persoal, toallas, chancletas para a ducha, roupa cómoda, roupa de abrigo e de auga, botas de montaña, calzado deportivo e lanterna. Obrigatorio levar saco de durmir.

Información e inscrición

Todos os voluntarios e voluntarias que estean dispostos a colaborar neste proxecto poden inscribirse a través do formulario de inscrición da web de voluntariadogalego.org da Xunta, ou chamando ao Teléfono Solidario 900400800.