arbore_01

Hoxe, 22 de abril, celebramos o Día da Terra, unha data na que recordamos a importancia de coidar o planeta que habitamos, e que non debe quedarse nunha acción puntual dun día, senón que debe aplicarse a todos os días para que as seguintes xeracións poidan disfrutar do noso planeta tal e como o coñecemos.

Dende Amigos da Terra, pensamos que todos e cada un de nós temos a responsabilidade e o poder para cambiar as cousas, así como o deber de transmitir aos nosos gobernantes as nosas inquedanzas e preocupacións en temática ambiental.

A Terra depende das nosas decisións. Se son as correctas, gozaremos dela moitos anos. Se non facemos nada, ou facemos o incorrecto, o seu futuro está en perigo, e o noso tamén.

E ti, que estás a facer para coidar o planeta?
Celebra o Día da Terra facéndolle un regalo!